Novo recurso dos afectados pola planta de compost de Cea

Os veciños que se consideran afectados pola instalación dunha planta de envasado de compost en San Cristovo de Cea decidiron maioritariamente interpoñer un recurso contra a Xunta, ó non contemplar ésta a necesidade dun informe de impacto medioambiental do proxecto.
Nunha asamblea celebrada na noite do pasado venres en Maside, os integrantes da plataforma veciñal que se opón a planta manifestaron a súa intención de plantexar un recurso de alzada contra o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, tal e como determina a lexislación vixente, tra-la resolución deste departamento pola que se denega a elaboración do citado informe.

Os veciños residentes nas localidades de San Facundo e Ariz (Cea), Mundín e Garabás (Maside) e Mouriz e Barón (Carballiño) que integran a plataforma presentarán o recurso ante o Xulgado do Contencioso número un de Ourense. Neste mesmo xulgado tamén interpuxeron iste ano outro recurso contencioso contra o acordo da xunta de goberno local do Concello de San Cristovo de Cea, con data 15 de setembro, polo que se concedía á empresa Compost Galicia SA a licencia de obras para a construcción da planta.

Os membros da plataforma consideran que o proxecto provocará danos nos mananciais de nacemento do río Carrás, ademais da producción de cheiros na zona que abarca ós tres municipios citados.

Te puede interesar