Novos sinais avisan na AG-53 da presenza de animais salvaxes

A entrada de animais salvaxes na autovía AG-53 (Dozon-Ourense) obliga á Xunta a reforzar a sinalización existente entre os enlaces dos concellos de Piñor e Cea para avisar da súa presenza.
A Axencia Galega de Infraestruturas procederá hoxe a súa colocación neste tramo no que, segundo apuntan fontes da Xunta, 'se produce un número importante de accidentes por presenza de animais'. Concretamente, os sinais colocaranse nos puntos quilométricos 62, 67 e 72 sentido Ourense e nos 76, 71 e 66 en dirección a Santiago. Con esta medida, a Administración autonómica pretende mellorar a seguridade vial, reducindo o número de siniestros.

Cada sinal levará un pequeno cartel no que se indicará que a advertencia ós conductores estenderase durante cinco quilómetros, polo que quedará cuberto o tramo entre os puntos 62 e 76, abarcando uns 2,5 quilómetros antes e despois de ambos os dous enlaces (xa que o enlace de Piñor está no 64,9 e o de Cea no 73,6). Fontes da Consellería de Medio Ambiente declararon que o traballo de colocación dos sinais só afectará á beiravía durante unha hora da xornada de hoxe.

Te puede interesar