A oposición quéixase do atraso para unha invitación oficial

Os grupos de Carballiño: PP, Espazo Común e BNG piden ao alcalde unha rectificación polo que califican dunha actitude de “desprezo” á oposición porque os avisaron para o acto institucional do Día Internacional da Muller, con 55 minutos de antelación por medio dunha mensaxe de whatsapp.

Recordan que representan a máis de 3.500 vecinos e que “non podemos consentir estas recorrentes actitudes antidemocráticas”. A concelleira de Igualdade, Guadalupe Sobrado, asume a responsabilidade e asegura que non foi “por desprezo”, senón por despiste, ao estar de vacacións a traballadora que se encarga cada ano de avisar.

Te puede interesar