O CARBALLIÑO

O Parque castrexo terá un encontro cos mestres galegos

O parque presentará o novo programa didáctico, que inclúe un horto castrexo ou a posibilidade de realizar o programa no propio centro escolar

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las (San Amaro-Punxín) proxecta para o vindeiro setembro unha reunión informativa dirixida aos mestres de toda Galicia co fin de que coñezan e analicen as novidades na oferta didáctica do PACC e a valoren como complemento das clases regradas impartidas.

Durante unha xornada os mestres poderán desfrutar de forma gratuíta do programa didáctico, coñecendo de xeito participativo a experiencia castrexa.

Nesta ocasión, o parque presentará o novo programa didáctico, que inclúe un horto castrexo ou a posibilidade de realizar o programa no propio centro escolar grazas ás "Maletas didácticas do PACC".

Tamén se darán a coñecer os convenios que o PACC ten asinados coas Federacións de ANPAS de Ourense e Pontevedra, grazas aos cales os escolares desfrutarán de importantes descontos nas visitas.

Te puede interesar