O CARBALLIÑO

A páxina web do concello foi reestablecida tras dez días

Desde o concello desminten que os problemas se deban á falta de pago

O concello de O Carballiño reestablece o funcionamento da súa páxina web despois de que estivera dez días caída. O pasado sábado, o Partido Popular denunciaba que este fallo no correcto funcionamento da páxina debíase á falta de pago por parte do concello á empresa encargada do seu mantemento.  

Pola súa parte, dende o concello, responden dicindo que os problemas técnicos non forman parte da súa competencia, así como desminten que se debera á falta de pago.  A solución provisional que instalaron foi redireccionar ós usuarios a unha páxina na que poideran realizar os trámites administrativos pertinentes. 

Desde a tarde de onte, a páxina web quedou reestablecida para a maior comodidade dos cidadáns. Algunhas das funcións que se poden realizar a través dela son relacionarse ca administración, acceder ó perfil do contratante para procesos públicos, visualizar o tablón de anuncios, acceder a documentos persoais e operar a través da administración electrónica. 

Te puede interesar