SERVICIOS

Piñor inviste 32.000 euros no aparcadoiro do velorio

<p></p>
photo_camera Alfonso Rueda, á dereita, con José Luis González, Silvia Dorado, Uxío Rodríguez e Elena Freijedo.

Alfonso Rueda visitou obras que financiou o seu departamento no Concello

O vicepresidenta da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, visitou onte varias obras que se desenvolveron no Concello de Piñor con asudas concedidas polo seu departamento. Estas axudas superaron este ano os 50.000 euros e entre as intervencións destaca o proxecto de ampliación do aparcamento existente no entorno do velorio municipal, unha actuación moi demandada polos veciños e na que se investiron más de 32.000 euros, ao abeiro da orde de infraestructuras de uso público.

Alfonso Rueda estivo acompañado durante a visita polo alcalde de Piñor, José Luis González; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado; o tenente de alcalde de Piñor, Uxío Rodríguez, e a concelleira Elena Freijedo.

No Concello tamén se desenvolveron varios proxectos que se acolleron ao Fondo de Compensación Ambiental, que desde o ano 2010 permite que os concellos se beneficien das explotacións eólicas instaladas na súa contorna. En concreto, en Piñor estas axudas permitiron amellora do alumeado pújblico na localidade de Casfigueiro e contribuíron ao pagamento dos gastos de funcionamento do servizo municipal de medio ambiente.

Segundo puxo de manifesta a Vicepresidencia da xunta, o Goberno galego destina este ano un total de 5,3 millones de euros para a execución de 172 proxectos subvencionados, que teñen como obxectivo a creación ou mellora de infraestruturas, dotacions, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, apoiando deste xeito aos concellos, "converténdoos en motores do desenvolvemento económico rexional".

Te puede interesar