Infraestruturas

Piñor oferta ao turismo un espazo para autocaravanas

uploaded_roman_resultado
photo_camera O nutrido grupo no de membros da Asociación de Autocaravanas, coas autoridades.
Esta infraestrutura mellora dotacións turísticas para potenciar o xeodestino Ribeiro-Carballiño

Máis de 100 autocaravanas estrenaron este sábado a nova área de servizo construída en Piñor, concretamente no Monte dos Cestos, na localidade de Cotelas. O espazo está habilitado con 25 prazas e dotado de aseos, duchas e demais servizos necesarios para acoller aos usuarios, incluíndo un espazo para carga e descarga dos depósitos.

O proxecto executouse mediante un convenio do Concello de Piñor coa Axencia Turismo de Galicia e a inversión ascendeu a 78. 475 euros. A Asociación de Autocaravanas ocupou as novas instalacións para facer un magosto, aínda que empezará a funcionar unha vez que o pleno municipal aprobe a correspondente ordenanza reguladora. 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, desprazouse onte ata Piñor para inaugurar a nova área de servizo para autocaravanas, situada nas proximidades da Vía da Prata, a 500 metros da N-525,  e nun dos núcleos con máis poboación e mellor oferta de hostalaría e comercio da contorna. Na inauguración participou, ademais do conselleiro, o alcalde de Piñor, José Luís González Rodríguez, e o presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Manuel Ángel Fernández-Arruty.

A área está aproximadamente a unha hora por autoestrada de Vigo, 45 minutos de Santiago e 20 minutos de Ourense. Román Rodríguez destacou o traballo do concello e explicou que a nova dotación supón unha boa nova para a dinamización turística de Piñor, do xeodestino do Ribeiro-O Carballiño e do conxunto da Galicia central.

Paralelamente, o grupo de Espazo Común denunciou nun comunicado "a falta de respecto e de lealdade institucional do alcalde popular de Piñor". Lamentan "esta reiterada falta de educación democrática" por non ser invitados aos actos de inauguración dos espacios para autocaravanas. 


Máis de 192.000 viaxeiros no que vai de ano


O titular de Turismo da Xunta de Galicia destacou a importancia do segmento das autocaravanas no interior de Galicia para axudar a mellorar a afluencia no eido do turismo rural. Uns datos, lembrou Román Rodríguez, de por si positivos. "No que vai de ano Galicia recibiu no turismo rural máis de 192.000 viaxeiros, un 7,4% máis que no mesmo período de 2018, que realizaron preto de 370.000 pernoitas, un incremento do 5% respecto ao pasado ano". O conselleiro de Cultura e Turismo concluíu afirmando que esta nova área do Concello de Piñor supón "un paso adiante" para reforzar a calidade e incrementar a carta de servizos dispoñibles en Ourense e en Galicia para os turistas en autocaravana. 

Te puede interesar