Reportaje

Piscina, vela, xogos... é “Aventura no Arenteiro”

O grupo de rapaces acompañados por dous monitores no Hotel Restaurante O Xardín. (Foto: Yeray Diéguez)
photo_camera O grupo de rapaces acompañados por dous monitores no Hotel Restaurante O Xardín. (Foto: Yeray Diéguez)
O Concello de O Carballiño, acolleu ata onte o último mini campamento de verán da Xunta de Galicia na vila. Unha semana de actividades naúticas, pequenas rutas e moita diversión para os cativos de 10 a 14 anos.

Os campamentos de verán foron unha das actividades afectadas pola nova normalidade. Moitas normativas, restriccións de aforo e medidas de seguridade despois, alguns chegaron a celebrarse. É o caso dos mini campamentos de verán da Consellería de Política Social e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, unha oportunidade para coñecer distintos paraxes galegos durante unha semana, compaxinándoo con actividades adaptadas as diferentes zonas. 

Estes minicampamentos fixéronse en aloxamentos turísticos de varios municipios de todas as provincias galegas, en Silleda, no Grove, en Ribeira, en Foz... e tamén no concello do Carballiño baixo o título "Aventura no Arenteiro". A idade dos cativos que podían participar en calquera dos campamentos estaba comprendida entre os 10 e os 14 anos, facendo así que, para algúns, fose o primeiro o que asistían.

Na "Aventura do Arenteiro", Pol Sánchez, o monitor, conta que "aínda que este ano parecía difícil chegar a ter un verán con actividades deste estilo, foi posible e todos o agradecemos moito, monitores, familia e, por suposto, os rapaces". Ademais, afirma que "nótase que todos tiñamos moitas ganas porque o primeiro campamento esgotou as prazas en pouco máis dunha hora" e é que o campamento Aventura no Arenteiro tiña tres posibilidades para asistir, do 13 ao 17 de xullo, do 27 ao 31 de xullo, ou esta última, que rematou onte, do 17 ao 21 de agosto.

Comenta o monitor que aínda que foron tres datas distintas para un mesmo campamento, cada semana modificáronse as actividades, sobre todo nesta última xornada, adaptándose á climatoloxía. Nas dúas tandas de xullo  o campamento estivo enfocado a coñecer o que é O Carballiño, actividades pola zona, visitas no concello, e o que máis destacan os cativos, que puideron ir á piscina", inda que tampouco dubidan en asegurar "o guay que é o Parque, que é enorme".

No caso deste último grupo, o de agosto, contaron cun peor clima que lles limitou estas saídas, non obstante, non supuxo ningún problema. Todo o grupo de rapaces, formado por 14 nenos e nenas, veu dende distintas zonas, especialmente da provincia de Pontevedra polo que moitos, ou case todos, non estiveran nunca no Carballiño e moitos tampouco estiveran nunca de campamento, por iso, Víctor Rodríguez, un dos pequenos do grupo, explicaba que "eu nunca estivera nun campamento ata esta vez pero paseino moi moi ben, fixen moitos amigos, xoguei moito, gustoume moito o sitio...". Preguntado pola actividade que máis lle gustou, encolle os ombreiros e aclara que "non podo escoller, gustáronme todas demasiado, vou facer máis campamentos a partir deste".

O seu amigo e compañeiro Juancho xa o tiña máis claro, "o que máis molou foron as actividades pola noite, xogar todos xuntos como de acampada no hotel". É o Hotel Restaurante O Xardín, onde o grupo pasou toda a semana, e Sánchez sinala que "aínda que fixo mal tempo, tivemos sorte de estar aquí que temos un salón moi grande para desenvolver moitas actividades, ademais ó ser a primeira vez de moitos durmindo fora e con amigos é unha gran experiencia igualmente".

Palabras que confirman todos os rapaces, poñendo de manifesto que "pasámolo xenial, a chuvia...pois non puidemos ir á piscina pero non importou, un dos días que fixo bo fumos en autobús ata Castrelo de Miño e foi unha excursión xenial, comimos xeado, fixemos kayak e vela, e foi super bonito e moi divertido".

Te puede interesar