INFRAESTRUCTURAS

Plan de obras nas rúas pactado por alcalde e Alternativa Veciñal en O Carballiño

uploaded_saleta_result
photo_camera Bernardo García e Francisco Fumega, na rúa Saleta.

No casco urbano citaron a necesidade de acometer o asfaltado e beirarrúas de Aquilino Sánchez, Saleta, Alberto Vilanova, Avenida do Parque e Costa Rica

O alcalde do Carballiño, o socialista Francisco Fumega, e o portavoz de Alternativa Veciñal, Bernardo García, diron a coñecer o plan de choque no que traballaron tras o acordo entre ambas formacións para a aprobación dos orzamentos o pasado xoves. O plan consensuado suporá o arranxo e reforma dunha ducia de rúas e estradas no casco urbano e no rural, así como varias infraestruturas culturais e deportivas. 

No casco urbano citaron a necesidade de acometer o asfaltado e beirarrúas de Aquilino Sánchez, Saleta, Alberto Vilanova, Avenida do Parque e Costa Rica. Na zona rural, citaron o acceso desde Señorín ao Instituto Número 1, o acceso desde o Pavillón de Deportes a Veiga e a Avenida do Parque no tramo ao Chamoso Lamas e Parque Etnográfico. 

En todos os casos valoraron as deficiencias que se atopan actualmente, con problemas do firme das calzadas, beirarrúas e incluso saneamento e pluviais.

Cos 400.000 euros previstos no orzamento municipal para infr aestruturas viarias poderase acometer unha boa parte destes proxectos, e o resto faranse con fondos doutras administracións públicas. Ademais, o acordo inclúe a reforma da Casa da Cultura, así como doutras instalacións municipais, como o pavillón de deportes e as piscinas.

Bernardo García referiuse ás críticas ás que está sendo sometido por reclamar o remate das beirarrúas na Avenida do Parque, na que reside, e a súa continuidade ata o Parque Etnográfico, asegurando que leva máis de 30 anos con esta petición, tendo en conta que é unha zona moi concurrida. 

Te puede interesar