A plantación de árbores do país consolidará o parque de Beariz

O municipio de Beariz disporá no vindeiro ano dun parque natural de 125.000 metros cadrados perto da localidade da Ermida, unha vez se inicie a plantación de máis dun cento de plantas e árbores autóctonos. Iste proxecto, promovido polo Concello coa colaboración da anterior Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, estivo paralizado durante un ano por problemas técnicos.
José Balboa, concelleiro de Promoción Turística, sinalou que 'en poucos días comezarán os traballos de perforación do chan nas zonas destinadas á plantación, sempre contando coa etapa biolóxica de desenrolo e crecemento das árbores e cunhas condicións meteorolóxicas favorables'. O espazo natural está situado na paraxe denominada 'As Indias', ó carón da estrada que enlaza a N-541 coa capitalidade de Beariz, e xa conta cunha área recreativa de 8.500 metros cadrados no contorno dun muíño restaurado polo Concello.


IDENTIFICACIÓN

O proxecto, para o que a Xunta aporta unha cantidade de 60.000 euros, contempla a plantación dun total de 126 especies autóctonas seleccionadas, das cales un 90% serán coníferas, distribuidas por zonas e debidamente identificadas con carteis. O parque ten un valado perimetral de 2.000 metros de lonxitude e un acceso interior de 1,6 quilómetros.

Te puede interesar