O Potiños mostra o triángulo termal do Carballiño en fotos

Unha das fotografías da exposición. O Potiños
photo_camera Unha das fotografías da exposición. O Potiños

A exposición pódese ver durante o mes de xaneiro na Casa do Concello xunto con outras en distintos lugares da vila

 

Expo Carballiño Vila Termal é o novo traballo da Asociación Fotográfica O Potiños que está a disposición do público na Casa do Concello do Carballiño durante este mes de xaneiro. 

A entidade conta para esta exposición coa colaboración da Concellería de Cultura e con ela pretende mostrar “a fermosura, a emoción e a  maxia do triangulo termal”, do que forman parte o Gran Balneario do Carballiño, que no ano 1816 as súas augas xa foron declaradas de utilidade pública; o Balneario das Caldas de Partovia, que conta coa declaración desde 1928 e son consideradas as súas augas das mellores de Galicia; e o Bañiño de Arcos, o manantial público da vila. Trátase dunha posta en valor da provincia termal en xeral e en particular do Carballiño cunha longa tradición no sector.

Outras exposicións que ten en marcha o Potiños son: “O Mar” de Os Negativos de Ferrol, que se pode ver no Casino; no Asador Veracruz  está “Contraluces” de O Potiños; no Hotel Arenteiro están as imaxes de Alba Pereira; no Cafe Peñasco as do “Carballiño Concurso Libre”; no Café Plaza “Contraluces”; na Rua Principal “FotoForum” de Santiago Pazado; na Alamuzara “A Insua dos Poetas” de O Potiños; no Doctor Café “Descrenza” e en Cosaga Ourense “Galicia Baleirada”, as dúas tamén da Asociación Fotográfica O Potiños, organizadora de todas estas exposicións.

Te puede interesar