La Región

FOTOGRAFIA

O Potiños premia con 900 euros a tres fotógrafos

A entrega de premios desenvolverase o vindeiro sábado no Casino de Carballiño

O Potiños premia con 900 euros a tres fotógrafos

O xurado do Maratón Fotográfico organizado pola Asociación Fotográfica O Potiños en colaboración co Concello do Carballiño e do Centro Comercial Aberto, e que se realizou esta pasada fin de semana, acordou conceder os tres premios do certame a María Teresa Fernández Rodríguez, na serie "Xanelas e natureza"; a María Luz Nocelo Vallamarín, na serie "Xentes do Carballiño", e a David González, na serie "Outros puntos de vista".

Os premios, que están dotados con 500, 300 e 100 euros, respectivamente, entregaranse o próximo sábado nun acto que se desenvolverá no Casino do Carballiño as 19,00 horas. O xurado estivo formado por Julián Garriga, presidente do Centro Comercial Aberto; Manuel Blanco, presidente de O Potiños; Asun Adá, creadora e fotografa, e Albert Brull, fotógrafo.