OBRAS

O PP carballinés reclama máis información da adxudicación das obras

Solicitan a relación de empresas adxudicatarias de obras, desde mediados de xuño do 2015, co nome da obra realizada, o seu importe e o modelo de procedemento de contratación

O grupo do Partido Popular (ademais do BNG), presentou no Concello do Carballiño una batería de preguntas o pasado 29 de setembro, sobre a adxudicación dunha obra enerxética a unha empresa da provincia de

Pontevedra, logo de ter invitado a tres empresas e que ningunha fora da comarca. Á vista das explicacións dos responsables municipais de que previamente o alcalde contactou con dúas empresas do pobo e que estas lle dixeron que non podían facelo, "ampliamos as preguntas, pois parécenos unha tomadura de pelo esta contestación, que parece non obedecer para nada á realidade e que de selo, non parece que sexa administrativamente correcta", manifesta o grupo municipal do PP.

Nese sentido, aos "populares" interésalles saber "baixo que fórmula administrativa o alcalde se puxo en contacto con dúas empresas do Carballiño para intentar executar este traballo na Área Empresarial, e en que datas se fixeron estas consultas". Tamén preguntan cales foron as empresas consultadas e, en todo caso, se considera o alcalde que só existen dúas empresas con capacidade similar para desenvolver este traballo.

Ademais, solicitan a relación de empresas adxudicatarias de obras, desde mediados de xuño do 2015, co nome da obra realizada, o seu importe e o modelo de procedemento de contratación.

Te puede interesar