O CARBALLIÑO

O PP detecta irregularidades nunha obra da zona industrial

O responsables municipais sinalan que non hai irregularidades xa que a obra foi certificada polo arquitecto municipal e pola Xunta

O grupo municipal do Partido Popular do Carballiño detecta cambios importantes en partidas da obra realizada polo Concello na zona industrial e que está subvencionada pola Xunta de Galicia. Afirma que "a obra foi adxudicada cunha baixa de 17.108 euros, pero "a empresa poido ser beneficiada duns 35.000 euros por cambio de partidas", matiza o PP. Por ese motivo, solicitou documentación ao Concello, do expediente administrativo e técnico desta obra, "na que se realizaron modificacións importantes en partidas de obras que poideron aforrar moitos cartos á empresa, aínda que esta cobrara a obra na súa totalidade", insiste.

Recorda que saíu a concurso por 129.106 euros e adxudicouse por 111.108, "e obligábanse a executar todas as partidas recollidas no proxecto técnico de obra", matiza o PP.

Responsables municipais sinalan que non hai irregularidades xa que a obra foi certificada polo arquitecto municipal e pola Xunta.

Te puede interesar