O PP de Maside pide a dimisión do alcalde por unha licencia

O alcalde, polo momento, non quixo pronunciarse sobre o asunto

O grupo municipal do PP de Maside solicita un pleno extraordinario para pedir a dimisión do alcalde “por non absterse” na concesión dunha licencia de obra, “que pon de manifesto unha clara incompatibilidade do seu cargo de alcalde e os seus servizos profesionais como arquitecto, así como pola concesión da licencia sendo coñecedor de que carecía da necesaria cobertura de lexislación e planeamento como acredita a resolución xudicial”, segundo indican os “populares”, referíndose á sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo Número 2 de Ourense, coa data de 9 de novembro de 2021, a consecuencia da denuncia dun particular na que se anula a licencia de obra e ordena a restauración da legalidade urbanística co conseguinte derribo do construído ao seu amparo.

O PP tamén pide “derivar as posibles responsabilidades que teña que afrontar o Concello pola anulación da licenza, ao alcalde e ademais arquitecto do proxecto e director de obra tal e como se recolle na sentencia xudicial que establece a súa responsabilidade persoal”. Así mesmo, incide na “revisión de oficio de nulidade de pleno dereito, instada xa en febreiro do 2021 polo grupo do PP, tendo en conta que a licencia non foi levada a pleno”, segundo se recolle na solicitude de pleno,

O alcalde, polo momento, non quixo pronunciarse sobre este asunto.

Te puede interesar