O PP de Piñor quéixase ó Valedor da falla de información

O grupo municipal do PP en Piñor trasladou formalmente ao Valedor do Pobo -nunha entrevista que tivo lugar onte en Santiago- o que considera unha "continua e reiterada violación dos dereitos dos concelleiros do noso partido por parte do alcalde, o socialista Francisco José Fraga Civeira".

Os concelleiros aseguran estar cansos da actitude do rexedor, sinalando que "durante os case tres anos de lexislatura leva obstaculizando dun xeito deliberado o acceso á información que solicitamos para realizar o labor de control e fiscalización da xestión municipal que temos encomendada como concelleiros".

Según o PP, "o proceder do alcalde de Piñor pon de manifesto o desprezo á democracia e á transparencia, así como ás normas democráticas máis elementais con actitudes inconstitucionais no exercicio do seu cargo". 

Te puede interesar