O PP reclama a reparación das instalacións de fútbol da Uceira

Considera o Partido Popular que "as obras de reparación e mantemento teríanse que haber realizado polo Concello na tempada de verán"

O grupo municipal do Partido Popular solicitou ao Concello do Carballiño que acometa de xeito urxente as obras necesarias de reparación e mantemento das instalacións deportivas do campo da Uceira para un uso óptimo e seguro. 

Asegura este grupo da oposición que na actualidade as instalacións, especialmente o seu campo, sobre todo nas portarías onde está parte da superficie levantada, "atópanse nun estado deplorable de abandono e carente de mantemento. Así no lo comunicaron varios usuarios, como tamén algúns pais dos rapaces da escola deportiva de fútbol, e así o puidemos comprobar".

Por ese motivo, considera o Partido Popular que "as obras de reparación e mantemento teríanse que haber realizado polo Concello na tempada de verán, dado o parón da escola deportiva nesa época do ano e a menor afluencia que ten esa instalación no verán por parte do Club Arenteiro como tamén dos demais equipos que alí adestran e xogan".

Te puede interesar