POLÍTICA

O PP solicita un plan global de sinalización no Carballiño

Os "populares" aeguran que o centro de saúde non está adecuadamente sinalizado, "e nestes días os visitantes cando o queren localizar non o atopan".

O grupo municipal do Partido Popular do Carballiño solicitou ao goberno municipal que se faga un plan de sinalización correcta, asegurando que en pobos como o de Arcos falta a sinal na rotonda dos Catro Camiños e que en varias zonas de Carballiño tamén hai deficiencias similares. Así refírense os "populares" a que o centro de saúde non está adecuadamente sinalizado, "e nestes días os visitantes cando o queren localizar non o atopan".

Tamén se refire o PP ao aparcamento de camións que se ía habilitar no polígono da Uceira, sinalando que "non parece que estea funcionando, pois os camións seguen sendo un problema na estrada de Ourense". Por iso, este grupo da oposición reclama unha solución para evitar eses aparcamentos.

Te puede interesar