O CARBALLIÑO

A praza sortea ceas, vales de compra e pases de cine

Esta campaña, que leva por lema “O Mellor para Mamá” comezou o pasado 6 de abril e prolóngase ata o mesmo día do sorteo, o 4 de maio.

Dentro da campaña de promoción da Praza de Abastos, con motivo da celebración do Día da Nai, farase mañá un sorteo para premiar a fidelidade dos seus clientes, ás 13,00 horas, neste establecemento comercial. Os premios consisten en tres vales de 50 euros cada un para facer compras na Praza de Abastos, tres ceas para dúas personas en tres restaurantes do Carballiño, unha caixa de viño Pazo Tizón e vinte entradas para as sesións do Cine Club Carballiño.

Esta campaña, que leva por lema “O Mellor para Mamá” comezou o pasado 6 de abril e prolóngase ata o mesmo día do sorteo, o 4 de maio. Consiste en cubrir uns boletos que se entregan polas compras no mercado municipal e depositalos nunha urna para ter opción aos regalos. 

O presidente da asociación de praceiros, Eligio González, aposta pola organización deste tipo de iniciativas, animado polas últimas reformas levadas a cabo na praza, e tendo en conta que están  tendo unha moi boa acollida e que incluso se percibe un incremento de clientela. 

Te puede interesar