O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, o salientou como 'fundamental no seu tempo'

Os premios Losada Diéguez destacan a vixencia do autor

O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, entregou o premio a Xesús Alonso Montero. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O pazo de Moldes, en Boborás, foi onte escenario reivindicativo do idioma e a cultura de Galicia. De novo, e cumplindo xa 27 anos, o Premio Antón Losada Diéguez xuntou a escritores, investigadores e autoridades nun acto no que se ensalzou a figura do pensador de Moldes e se entregaron os premios ós galardoados, que nesta edición foron Xesús Alonso Montero e Agustín Fernández Paz. O periodista Luís Rial interviu como mantedor, felicitando ós concellos de Carballiño e Boborás organizadores deste certame.
Xesús Alonso Montero, premio en investigación e ensaio polo seu libro 'Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo', destacaba a traxectoria do premio e a importancia de que perdure durante tantos anos e cunha dotación económica de 6.000 euros para cada galardoado. Xesús Fernández Paz recibiu o galardón pola súa obra literaria 'Non hai noite tan longa', e na súa intervención apuntaba que unha historia só pode aspirar a ser universal dende as propias raíces.

A clausura correu a cargo do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, que recordou a figura de Antón Losada como 'fundamental no seu tempo, e así o teñen recoñecido todos os estudosos do movemento galeguista'.

Te puede interesar