O CARBALLIÑO

Preocupación en Punxín pola auga da traída contaminada

Viñao, Punxín, Barbantes, Vilela, Vilamoure e Barxelas, tras varias analíticas que reflicten que non é apta para consumo humano, por un desaxuste nos trialometanos.
 

O grupo municipal Cambio Intelixente de Punxín dirixiu un escrito ó Concello, a raíz das reiteradas queixas dos veciños, instando a que se eviten comunicados xenéricos en taboleiros, e se practique unha notificación persoal a cada un dos veciños dos pobos afectados pola contaminación da auga, que son nestes momentos O

Viñao, Punxín, Barbantes, Vilela, Vilamoure e Barxelas, tras varias analíticas que reflicten que non é apta para consumo humano, por un desaxuste nos trialometanos.

Este grupo da oposición solicita a comunicación directa ós vecinos ben sexa por correo ordinario, certificado, a través de funcionario, ou por calquer outro medio seguro e eficaz, para dar conta da contaminación. "Deberíanse extremar as precaucións por parte do concello", sinala, mentras se está a espera de que se poña en funcionamento a nova captación no río Miño, que solucionará este grave problema en Punxín, ó mesmo tempo que dará suministro tamén a San Amaro e Cenlle.

Cambio Intelixente presentou esta solicitude porque, segundo afirma, "unha alta porcentaxe de estos veciños descoñece os rexistros de contaminación", matizando que moitos están consumindo a auga, mostrando ó enterarse de que non é apta para o consumo "unha gran preocupación", matiza.

Te puede interesar