Un programa divulga a importancia da reciclaxe do lixo nas aldeas de San Amaro

O Concello de San Amaro comezou onte a organizar unhas charlas informativas en tódalas parroquias do municipio para sensibilizar ós veciños sobre o tratamento de residuos sólidos urbanos e a sua reciclaxe. O alcalde, Ernesto Pérez, sinala que ‘somos conscientes de que unha boa xestión dos residuos sólidos debe favorecer a reciclaxe e a reutilización dos materiais recuperados a fin de contribuír na conservación e uso racional dos recursos naturais’.
Coa colaboración da Deputación de Ourense, os actos informativos iniciaronse onte na parroquia de Beariz, e extenderanse ó resto do municipio tódolos xoves nos locais das asociacións de veciños. Deste xeito, ata o día 1 de outubro, un técnico medioambiental da institución provincial percorrerá semanalmente as localidades de San Fiz de Navío, Eiras, Anllo, As Neves de Grixoa, San Amaro e San Cibrán de Lás.

Compromiso

O experto ‘combinará a charla técnica coa exposición de diapositivas e a visualización dun vídeo práctico, entregando tamén ós asistentes folletos informativos sobre a as técnicas de reciclaxe’, apuntou Ernesto Pérez. O rexedor municipal anima ‘ós veciños e veciñas de San Amaro a que asistan a esta actividade, xa que sempre é importante o compromiso de todos co coidado e protección do medio ambiente e que estean ben informados sobre este tema’.

Te puede interesar