SEMANA SANTA

O programa de Semana Santa ofrece cultura e devoción

Presentación da programación.
photo_camera Presentación da programación.
A Semana Santa do Carballiño consolídase como unha celebración espiritual e relixiosa referente na provincia, cunha vintena de actos, que inclúen seis procesións, seis saetas, dúas exposicións, un concerto, un roteiro cultural e dúas conferencias, e coa música como protagonista, tal e como destacou o cofrade maior da Cofradía de la Veracruz, Rafael Melero, presentando tamén ás sete bandas, dúas corais, tres tenores e dúas soprano que acompañarán ás procesións e demáis actos litúrgicos, entre os días 15 e 31 de marzo.

A Valedora do Povo, María Dolores Fernández Galiño, será a encargada do pregón o día 17, na Veracruz.

No apartado musical contarase, entre outras agrupacións, coa Real Banda de Gaitas da Deputación e a Banda de Música de Vilatuxe, así como as corais de Ruada e o Orfeón do Carballiño, mentres que as saetas serán interpretadas por Chema Ares, Almudena Mosquera, Maribel López, Christian Casas e Maite López Martínez.

O escultor Alberto Fernández é o autor da mostra “Os Cristos do Lume”; e o ciclo de conferencias será a cargo de fray Francisco Javier Castro e o historiador David Chao Castro.

Participaron tamén na presentación o alcalde, Francisco Fumega, os cofrades Celso Carballeda e Carmen López, e a xornalista Raquel Domínguez.

Te puede interesar