PETICIÓN

O PSdeG pide un recoñecemento á Cooperativa de Loureiro

O PSdeG tamén insta ao Concello a que faga un anuncio público en nome de toda a corporación, felicitando e agradecendo estes 50 anos ininterrompidos de esta cooperativa

O grupo municipal socialista do Irixo presentou unha moción para que o Concello faga unha declaración institucional firmada por todos os grupos da corporación na que se saliente e recoñeza públicamente a importancia da Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, que celebra hoxe o 50 aniversario, e do seu fundador Antonio González Bernárdez.

O PSdeG tamén insta ao Concello a que faga un anuncio público en nome de toda a corporación, felicitando e agradecendo estes 50 anos ininterrompidos de esta cooperativa, os seus cooperativistas e fundadores co recoñecemento expreso á persoa de Antonio González Bernárdez nos medios públicos de máxima difusión da comarca do Carballiño, da provincia de Ourense e de Galicia.

Por último, solicita á corporación que o Concello explore vías de colaboración e apoio, entre eles o institucional á Cooperativa de Loureiro.

A Cooperativa Santa Mariña de Loureiro creouse no ano 1966 e na actualidade, ademais de leite, ten no mercado o queixo, yogur e kéfir. 
 

Te puede interesar