O IRIXO

O PSdeG solicita a dotación de beirarrúas entre Abanico e Laíña

Tamén, apunta que o Concello negocie co Bispado a adquisición ou cesión dos metros necesarios na fachada do destro da parroquia do Campo para construir as beirarrúas nese tramo​ do vial

O portavoz do grupo municipal socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha moción, instando ao Concello a executar a urbanización con beirarrúas na estrada entre o Abanico, Estación, Lama e Laíña, xa que "comprende un importante núcleo, non só polos veciños residentes nestes lugares, senón tamén por todo o tránsito de vehículos e persoas que soportan estes viais ao ser zona de paso para outros pobos e lugares da parroquia do Campo ou San Cosme", segundo apunta o concelleiro.

Ademais, engade Iago Fariñas que son os lugares onde se sitúan tanto a estación do tren coma a Igrexa parroquial de Santa Mariña do Campo así coma o seu velorio e camposanto parroquial.

INSEGURIDADE

Debido á inexistencia total de beirarrúas entre o Abanico e a Estación, aínda existindo algún tramo intermitente pero totalmente insuficiente, considera o concelleiro que son "completamente inseguros estes traxectos para os veciños, especialmente cando se producen celebracións relixiosas".

Por iso, o PSdeG solicita a realización dun estudo previo á execución da urbanización e que se consensúe cos vecinos o proxecto para que non perxudique a ningún particular. Tamén, apunta que o Concello negocie co Bispado a adquisición ou cesión dos metros necesarios na fachada do destro da parroquia do Campo para construir as beirarrúas nese tramo​ do vial.

Te puede interesar