O PSOE defende a venda de billetes na estación do tren

Alternativa Veciñal do Carballiño pide ao Concello a convocatoria dunha plataforma do transporte para establecer un plan de defensa das comunicacións por estrada e ferrocarril

O portavoz dos socialistas na Deputación, Francisco Fraga Civeira, alerta sobre as intencións de Renfe e ADIF de pechar a venda de billetes e información en varias estacións da provincia a partires de 2017, deixando a importantes núcleos de poboación, coma O Carballiño, sen o servizo presencial, ademais de supoñer o peche das estacións que quedarían, nalgúns casos, sen persoal. Por ise motivo,  o grupo socialista pretende que se faga unha defensa pública, a nivel provincial, que loite polo mantemento das condicións das estacións e, mesmo, pola mellora das liñas e servizos ferroviarios. 

Bernardo García, do grupo municipal Alternativa Veciñal do Carballiño, tamén se facía eco da situación e pide ao Concello a convocatoria dunha plataforma do transporte para establecer un plan de defensa das comunicacións por estrada e ferrocarril. 

Te puede interesar