O PSOE do Irixo propón que se cre un parque arqueolóxico

uploaded_socialista_result
photo_camera Fernández, Fariñas e Fumega.

Solicitan unha partida económica de 400.000 euros para este proxecto 

O portavoz socialista do Irixo, Iago Fariñas, acompañado por Raúl Fernández, deputado no Parlamento de Galicia e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, presentou a última proposta, a través dunha moción, para a creación dun gran parque arqueolóxico no Irixo do que xa se tramitou no seu día polos socialistas unha emenda ós presupostos da Xunta de Galicia, solicitando unha partida económica para este proxecto de 400.000 euros.

O Irixo ten catalogados case un cento de restos arqueolóxicos, 68 no PXOM e 26 máis achegados polo grupo Outeiro e o Centro Chamoso Lamas como alegacións a dito plan.

Te puede interesar