ayudas

O PSOE do Irixo reclama apoio económico para os estudantes

uploaded_grupo_result
photo_camera Instalacións do colexio público do Irixo.

Tamén piden que a convocatoria ou ordenanza sexa consensuada entre os centros escolares e as asociacións de nais e pais

O grupo municipal socialista do Irixo insta ao Concello a prestar apoio aos estudantes cunha convocatoria de axudas. Reclaman "unha cobertura social exemplar para garantir o dereito a unha educación igualitaria, axudando ós estudantes e ás familias dos estudantesque máis o precisen". 

Nese sentido, o PSdeG defenderá nun pleno unha convocatoria ou ordenanza municipal para a concesión anual de axudas económicas directas a estudantes para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas a alumnos escolarizados ou residentes no Irixo, que cursen estudos nos niveis de Educación Infantil, Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional ou na universidade, cuxos ingresos mensuais non sexan superiores ó salario mínimo interprofesional, ou sendo superiores, existan circunstancias que debidamente reguladas fagan preciso a concesión da axuda proposta segundo o caso. 

Tamén piden que a convocatoria ou ordenanza sexa consensuada. Que se invite a participar na elaboración e seu desenrolo ó centro escolar do Irixo e ás asociacións de pais e nais no caso das axudas a escolares de dito colexio e outros axentes sociais do concello.

Ademais, instan ao pleno a aprobar que se consensúe a elaboración entre todos os grupos da Corporación para  acadar a mellor convocatoria ou ordenanza que regule as axudas para este Concello "ó respecto de garantir así o éxito da medida", segundo sinala o portavoz socialista, Iago Fariñas.

Te puede interesar