O PSOE insta a Marnotes á promoción da lingua galega

O grupo municipal do PSdeG-PSOE do Carballiño vén de criticar a política do Concello encol da promoción da lingua galega.
Neste sentido, os socialistas apuntan que 'as iniciativas a prol do galego foron nulas no ano que leva gobernando o PP'. Así, destacan que 'a súa desidia respecto a este tema é tal que os propios escritos, actas e convocatorias do equipo de goberno adoecen de corrección lingüística e aparecen escritos en numerosas ocasións no que todos coñecemos como castrapo'. O voceiro do PSdeG na Corporación, Francisco Fumega, lembra ó alcalde que' ten ó seu dispor un Servizo de Normalización Lingüística, que ten entre as súas funcións a corrección e elaboración de documentos, formularios e actas, ademais de colaborar con tódolos servizos municipais , axentes sociais e a cidadanía en xeral'.

Te puede interesar