O PSOE pide nova sinalización na estrada do Irixo

O portavoz do grupo municipal socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha moción instando ao goberno “popular” a realizar as xestións necesarias ante as administracións para mellorar a seguridade vial na estrada entre Carballiño e Lalín ao seu paso por este municipio, coa colocación de nova sinalización vertical e luminosa e pasos de peóns.

O socialista afirma que a estrada OU-902 “é a principal vía de comunicación do noso concello co Carballiño e Lalín”, sinalando que ten grandes tramos rectos que, a pesar dos seus límites de velocidade, non sempre se respectan.

Engade Iago Fariñas que “a actual sinalización pasa desapercibida en moitas ocasións para os condutores”, e recorda que sobrepasar os límites de velocidade poñe en perigo aos veciños das numerosas poboacións existentes.

Te puede interesar