O PSOE reclama no Parlamento a reposición dos dous pediatras no Carballiño

Parlamento de Galicia
photo_camera Parlamento de Galicia
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta unha proposición non de lei para o seu debate en comisión co obxectivo de que o Parlamento galego inste á Xunta de Galicia a que, a través da Consellería de Sanidade, cubran ás dúas prazas de Pediatría do centro de saúde do Carballiño de inmediato

A proposta faise por iniciativa dos deputados Marina Ortega Otero e Julio Torrado Quintela.

Sinalan os socialistas que a comarca, encabezada polo Concello do Carballiño conta con máis de 14.000 habitantes no núcleo urbano, ten máis de 26.000 habitantes que dependen sanitariamente deste centro de saúde. “A atención en Pediatría é unha das áreas sanitarias máis demandadas, contando con dúas prazas que na actualidade atópanse sen cubrir en ningún dos casos na xornada completa, debido nun caso a unha xubilación e dependendo todos os menores da comarca dun único profesional que se despraza dende outro centro”, explican.

Nese sentido, este grupo matiza que “estamos a falar dun dos núcleos máis importantes da provincia despois da cidade, en termos de poboación. É preciso que o Goberno galego acolla estas demandas que os veciños e veciñas do Carballiño están a trasladar, para así garantir servizos da sanidade pública tan importantes para afianzar poboación como estes”. Por todo elo, defenderán a reposición do servizo.

Te puede interesar