BOBORÁS

O PSOE solicita en Boborás máis control para previr incendios

O incendio declarado o pasado 6 de setembro e que afectou a unhas 400 hectáreas de monte das parroquias de Brués e Xurenzás, no municipio de Boborás, motiva á agrupación local do PSOE a esixirlle ó Concello que intensifique e mellore as tarefas de prevención de lumes forestais. Neste sentido, lembran o bando que promulgou a alcaldía o 21 de xuño, no que se insiste na obriga da limpeza do perímetro das fincas para manter a franxa de seguridade nos lindes das vivendas  e do propio monte. Os socialistas indican, ó respecto, que o Concello debe facer labores de vixianza e control, así coma de información axeitada, "xa que senón se fan traballos de prevención e de protección civil, poden acontecer sucesos coma ó de hai dúas semanas, que se repiten ano tras ano, amosando o fracaso dun xeito de enfrontar o lume", apunta Javier Lamas, secretario da agrupación. 

Te puede interesar