O pulpo 'Paul' terá cabida nas xornadas de tapas hosteleiras

A segunda edición das 'Xornadas temáticas de tapas' do Carballiño comeza a súa andadura nesta fin de semana, cunha ampliación a tres días con respecto ó ano pasado. O alcalde, Carlos Montes, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, presentaron ó mediodía de onte o programa gastronómico, que se desenvolverá ata maio de 2011 e no que está incluida, nos meses de xaneiro e febreiro, a 'III Olimpiada da tapa'.
Así, entre hoxe e o domingo, veciños e visitantes poderán degustar gratuitamente nun total de 15 bares, cafeterías e mesóns da vila, tapas elaboradas con castañas e cogumelos. Os clientes recibirán unha rifa para participar no sorteo mensual de 50 euros (en vales de 10 euros) para gastar nos locales participantes, e noutro final de 1.000 euros, que aporta o Centro Comercial Aberto, en vales de compra nos comercios do Carballiño.


IDENTIFICACIÓN

Manuel Dacal adiantou que 'nos vindeiros meses tentaremos facer unha homenaxe póstuma ó pulpo Paul dentro destas xornadas, polo resultado publicitario que deu no evento gastronómico do pasado mes de agosto'. Por outra banda, os establecementos que ofrecen estas tapas, adicadas cada mes a unha comunidade autónoma e a outros países, estarán debidamente identificados á entrada cunha placa de metacrilato, que servirá tamén para que os turistas coñezan e percorran esta especial 'ruta' polas rúas do casco urbán da vila.

Te puede interesar