O radar móbil só detectou esta semana un vehículo con exceso de velocidade

A Policía Local do Carballiño tivo á súa disposición un radar móbil durante os pasados días, en concreto dende o mércores 30 de decembro, cedido pola Xefatura Provincial de Tráfico coa finalidade de controlar a velocidade dos vehículos no casco urbán da vila.
O concelleiro de Tráfico, José Antonio Barge Gil, sinalou que ‘estamos satisfeitos do bó comportamento dos conductores que circulan polo Carballiño, xa que tan só un conductor foi multado por infrinxir a normativa vixente’.

Os axentes policiais impuxeron esta sanción o pasado sábado na rúa Ourense, xa que o automóbil que pilotaba o infractor circulaba a unha velocidade de 92 quilómetros por hora, cando o máximo permitido é de 50. O radar móbil estivo situado durante esta semana en diferentes arterias da vila pero con alta circulación de vehículos, coma foi o caso das avenidas de Compostela, Castelao, Julio Rodríguez Soto e Balneario. ‘En todo ese tempo, os automobilistas amosaron unha conducta exemplar e iso é precisamente o que desexábamos comprobar, que unha gran maioría son respetuosos coas normas de tráfico’, apuntou Barge Gil.

Responsabilidade

O edil de Tráfico engadiu que ‘a nova de que tan só un conductor fora multado por exceso de velocidade no casco urbán é o mellor exemplo’. José Antonio Barge adiantou que ‘queremos manter esta liña de responsabilidade e, sobre todo, seguir coas campañas puntuais de concienciación dos automobilistas e dos futuros conductores para a prevención de accidentes no noso municipio’.

Te puede interesar