Reforma integral para o centro de saúde de Maside

José A. Abeledo, José Manuel Iglesias e Alfonso Rueda.
photo_camera José A. Abeledo, José Manuel Iglesias e Alfonso Rueda.

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, confirmou ao alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, e o secretario municipal, José Antonio Abeledo, unha subvención que ascende a preto de 50.000 euros para a rehabilitación da cuberta do edificio do centro de saúde. O resto das obras contempladas, consistentes na substitución da carpintería exterior, construción dun aseo para persoas con discapacidade, a supresión de barreiras arquitectónicas e a sectorización da instalación de calefacción, serán asumidas polo Sergas. Ademais, acordaron a firma dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para unha actuación arqueolóxica no castro de Santa Mariña, cun orzamento que ronda os 25.000 euros. 

Alfonso Rueda, por último, tamén se comprometeu a conceder unha subvención de 60.000 euros para a ampliación da rede de saneamento na zona de Corzos.

Te puede interesar