Rego cualifica de fraude a nova Reforma Laboral

Néstor Rego durante a súa intervención, onte no Carballiño.
photo_camera Néstor Rego durante a súa intervención, onte no Carballiño.

O deputado do BNG, Néstor Rego, participou nun encontro público coa veciñanza do Carballiño para falar sobre o papel do BNG no Congreso e a importancia de ter unha voz propia en Madrid. Así, foi crítico coa actitude do Goberno español, sinalando que “o Goberno de coalición, PSOE e UP, non ten moito interese en cumprir coa Galiza e cos compromisos asinados. Observámolo hai unha semana cando, a pesar de ter prometido e terse comprometido con diversas forzas políticas- entre elas co BNG- en derrogar de maneira íntegra a Reforma Laboral aprobada polo PP en 2012, decidiron pórlle un parche e someterse aos ditados de Bruxelas e aos intereses da patronal”.

O deputado nacionalista cualificou de “fraudulenta” a proposta da Reforma Laboral por manter os aspectos máis lesivos.“Non tocan as facilidades e o abaratamento do despedimento, a autorización administrativa previa para os ERE, os salarios de tramitación, a prevalencia dos convenios de empresa, que poden empeorar os de sector, excepto nos salarios”.

Te puede interesar