A Residencia do Carballiño acolle un Plan de Formación de Servizos Sociais

Entre os asistentes a esta inicitiva da Xunta encóntranse profesionais de 16 entidades sociais de toda Galicia 

A Residencia de Templo Libre do Carballiño acolle o primeiro Plan de Formación Continuada para persoal de servizos sociais no que se aborda, entre outras materias, as novidades normativas en materia de discapacidade. Trátase dunha iniciativa formativa organizada pola Xunta de Galicia, que nesta ocasión aproveita a disponibilidade deste centro de lecer para acometer a acción formativa.

Con tal motivo, o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou onte aos participantes que asistiron a esta sesión formativa sobre a Lei 8/2021 de atención ás persoas con discapacidade que se desenvolve nesta residencia, que ademais das estancias de vacacións, utilízase ao longo do ano para outro tipo de actividades ou encontros de diversos colectivos e asociacións.

Entre os asistentes a este Plan de Formación Continuada encóntranse profesionais de 16 entidades sociais de Galicia como a Asociación Atox, a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, C.T.V.A. A Valenzá, o Centro de Inclusión María Nazarena e persoal implicado na Fundación Pública para a Tutela de Persoas Adultas (Funga). 

O Plan de Formación Continuada iniciouse o pasado mes de novembro e está dirixido a máis de 10.000 profesionais e conformado por 300 actividades e máis de 6.000 horas. 

Este plan permite atender as dúbidas e formar aos profesionais dos diferentes centros nas técnicas máis avanzadas. 

Os contidos que se desenvolven abarcan desde novidades normativas ata aspectos máis tecnolóxicos ou sociais, segundo indican os organizadores.

Te puede interesar