Retirada dos amieiros secos no río Arenteiro

Operarios da empresa Tragsa iniciaron onte a retirada das árbores secas, amieiros na súa maioría, que estaban caídos sobre o cauce do río Arenteiro ó seu paso polo Carballiño. Estes traballos foron ordeados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, unha vez que o Concello carballiñés remitiu un escrito solicitando a limpeza do cauce e das beiras do río.
A recollida das árbores comezou no tramo de tres quilómetros do Arenteiro que corresponde ó seu tramo urbán, entre Ponte Veiga e a piscifactoría da Xunta, e estánse a depositar na rotonda do paseo fluvial.

O concelleiro de Medio Ambiente do Carballiño, Bernardo García, alertara hai uns días do perigo que supuña para os peóns que camiñan polos sendeiros das marxes do río a caída dos amieiros, que incluso interrumpen o paso libre da auga nalgunhas presas. O Concello estima que son máis de 1.000 as especies arbóreas que están en risco de caer no citado tramo, debido á praga que lles afecta.

Te puede interesar