Roberto Mera presenta o libro sobre refuxiados republicanos

Neste libro, dispoñible en versións en galego e en castelán, Roberto Mera recuperou para a historia a vida do seu tío bisavó, o deputado republicano Alejandro Viana 

A Casa da Cultura do Carballiño acolle mañá a presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, do avogado e politólogo Roberto Mera, publicado por Belagua Ediciones. O acto terá lugar ás 20,00 horas, e estará introducido polo alcalde, Francisco Fumega.

Neste libro, dispoñible en versións en galego e en castelán, Roberto Mera recuperou para a historia a vida do seu tío bisavó, o deputado republicano Alejandro Viana (Ponteareas, 1877-México DF, 1952), cuxa intervención foi decisiva para a evacuación dende Francia cara a América de 17.000 refuxiados republicanos tras o estoupido da guerra civil española.

Pola súa trascendencia na recuperación da memoria democrática, o libro foi galardoado o pasado ano co premio Antón Losada Diéguez, na categoría de Investigación e Ensaio.

A través dunha inxente documentación atopada en diversos arquivos, Mera Covas constrúe un libro ameno e de áxil lectura para contar os dezaséis últimos anos da vida de Alejandro Viana, “un home íntegro e entregado aos demais”, que fuxiu a Francia co goberno da República e arriscou a súa vida, acosado pola Gestapo e a Falanxe, para salvar a decenas de miles de persoas antes de poder el mesmo embarcar cara ao exilio en México, onde morreu en 1952.

A epopea que narra este libro comeza co estoupido da Guerra Civil.

Te puede interesar