Unha rotonda regula o tráfico na rúa Ourense

Traballadores da brigada municipal de obras do Carballiño sinalizaron na mañá de onte a rotonda que, de xeito provisional, servirá para regular a circulación de vehículos na antigua estrada N-541, integrada pola rúa Ourense e avenida Conde Vallellano.
O concelleiro de Tráfico, José Antonio Barge, apuntou que 'o pintado e colocación de pivotes fluorescentes neste cruce foron autorizados polos técnicos da Xefatura Territorial de Estradas da Xunta, xa que este tramo é de titularidade autonómica'.

Esta rotonda virá a solucionar os problemas de saturación de tráfico no entronque das rúas Aller Ulloa e Fariña Jamardo coa citada rúa Ourense. Nesta zona conflúen os vehículos que entran ou saen do casco urbán do Carballiño dende o enlace coa autovía AG-53 e a estrada N-541 (Ourense-Pontevedra). Ademais, é punto de saída dos automóviles que proceden do Centro de Saúde e da Administración de Facenda, e dos autocares escolares do Instituto de Secundaria.

Te puede interesar