O segundo grupo que optaba ó Plan Leader lamenta a falta de diálogo dos xestores

Os responsables do grupo ‘Terras do Noroccidente Ourensán’, que optaba á xestión do programa europeo Leader nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro, lamentan a falta de diálogo do consorcio que finalmente acadou a xestión dos fondos.
O voceiro do grupo e alcalde de Piñor, Francisco Xosé Fraga, lembra que ‘houbo un acordo entre o noso grupo e o que preside o rexedor de Leiro a fin de presentar unha candidatura conxunta, pero agora vimos como se rachou ise pacto tras ver o resultado das eleccións á Xunta’.

O colectivo que lideraba Fraga estaba integrado polos municipios de Piñor, Carballeda de Avia, Punxín, Maside e Cortegada, todos eles con goberno maioritario do PSOE, ‘pero o noso partido non figuraba como tal, xa que nós abrimos o grupo a máis dun cento de entidades veciñais, culturais e de mulleres’. O alcalde de Piñor asegura que ‘o acordo con eles foi posible ó renunciar a un posto na executiva e reservalo para un representante dos colectivos, pero dende o primeiro momento optaron pola exclusión’.


Te puede interesar