A seguridade viaria e o aforro enerxético centran o investimento estatal en Boborás

A toma de medidas na procura dunha mellor seguridade viaria nas estradas que enlazan determinados núcleos de poboación de Boborás é unha das prioridades do equipo municipal de goberno para o aproveitamento dos fondos estatais.
Neste sentido, o alcalde, Cipriano Caamaño, adianta que ‘encargamos un estudio técnico sobre as necesidades que hai en materia de prevención de accidentes na rede viaria local, a fin de investir parte dos 540.000 euros que nos concede o Estado’.

Así, o rexedor ‘popular’ cita o acceso á parroquia de Cardelle, ‘no que existe unha pendente moi acusada e con moitas curvas e na que é preciso instalar máis valados de protección para evitar que os vehículos caian pola ladeira da montaña’. Unha actuación similar está prevista na estrada que une as parroquias de O Regueiro e Feás entre o Alto do Paraño e A Fenteira, ‘nas que a xelo e a neve sempre están presentes no inverno’.

Cipriano Caamaño sinala que ‘outra boa parte do investimento estará adicada á instalación de sistemas de alumeado con aforro enerxético, co obxectivo de que no futuro o Concello de Boborás poida dispoñer de cartos para atender a outras necesidades dos veciños’. Estes proxectos de baixo consumo, que xa foron solicitados á Consellería de Industria, están pensados para as localidades con máis gasto en electricidade, como son a capitalidade, Brués, Feás e Cameixa.

Te puede interesar