O CARBALLIÑO

En servizo un taxi adaptado para levar cadeiras de rodas

uploaded_taxi_result
photo_camera O vehículo está na parada da Praza Maior.

O Carballiño conta co primeiro taxi da provincia adaptado para as persoas con discapacidade que teñan que desprazarse en cadeira de rodas

O Carballiño conta co primeiro taxi da provincia adaptado para as persoas con discapacidade que teñan que desprazarse en cadeira de rodas. O vehículo é polivalente, pois dispón dun servizo de seis prazas, que se reducen a tres cando se use por unha persoa en cadeira de rodas.
Trátase dun monovolúmen cun mecanismo de acceso para cadeiras pola porta traseira e suxeccións específicas para aseguralas e garantir a inmobilidade. Deste xeito, o taxi poderá ser requerido por persoas que utilicen cadeiras con motor, e non só plegables, como viña sucedendo ata agora.

Neste intre, en Galicia, só hai un modelo semellante que presta servizo na cidade da Coruña, segundo confirmaron fontes municipais, que manifestaron a súa satisfacción por poder ofrecer este novo servizo de transporte ás persoas con mobilidade reducida.
O taxi atópase xa a disposición dos usuarios carballiñeses na parada de taxis da Praza Maior do Carballiño. O vehículo ven a cubrir unha carencia importante dentro do colectivo de discapacitados. 

Te puede interesar