Os socialistas instan a arranxar con urxencia un verquido en Arcos

O verquido de aguas residuais da fosa séptica de Arcos.
Os verquidos da fosa séptica que recolle as augas residuais de Arcos están afectando gravemente ó entorno da ponte de Arcos, ademáis de contaminar o río Arenteiro. O grupo municipal socialista considera que é urxente o arranxo desta fosa, que xa non ten capacidade para tratar as augas reisduais deste pobo. Por iso insta ao grupo de goberno a 'que subsane con urxencia estas anomalías, xa que estes feitos abondan no continuo abandono o que este goberno somete a todolo Concello, pero especialmente no tocante ao noso rural, amosando unha grande falla de sensibilidade asi coma pola nosa riqueza natural, medioambiental e termal'.
Este grupo da oposición recorda que o verquido, ademáis de contaminar todo este entorno está moi próximo o Bañiño de Arcos, un manantial público de augas mineromedicinais, sempre moi concurrida de visitantes.

O concelleiro de Obras, Magín Daparte, declaraba que este verquido é de fai moitos anos, 'e o anterior Goberno non o arranxou, pese a que ademáis do deterioro medioambiental que implica, a Confederación Hidrográfica está multando ó Concello por este motivo entre unha e dúas veces ó ano, de 600 a 3.000 euros'. Engadiu que está previsto solucionalo para o próximo ano mediante o bombeo ó colector do río Arenteiro, ademáis das conexións pendentes ó Carrás.

Te puede interesar