Os socialistas de O Irixo critican o abandono do colexio público

O voceiro socialista na Corporación municipal de O Irixo, Francisco Javier Rodríguez, denunciou onte 'a parálise do Concello, que ten o seu fiel reflexo nas obras do millonario pavillón de deportes, paradas dende hai tres meses, e no deteriorado parque infantil do colexio público'. O concelleiro do PSdeG critica a falta de sensibilidade do alcalde, o 'popular' Manuel Penedo, 'que conseguiu chegar ás vacacións escolares sen arreglar as instalacións do centro educativo, poñendo en perigo o seu mantemento como tal'.
Francisco Javier Rodríguez engadiu que 'o feito de que o colexio estivera case a punto de ser pechado manifesta a falta de interese por aumentar poboación ou fixar a que vive no Irixo'. Pola súa banda, o rexedor, Manuel Penedo, apuntou que 'as obras de construcción do pavillón retrasáronse ata que rematase o periodo lectivo no colexio e os rapaces collesen as súas vacacións, a fin de non interferir nas clases'. O alcalde engade, con respecto ó patio de xogos, que 'polo de agora non recibín ningunha queixa do consello escolar'.

Te puede interesar