Os socialistas piden o arranxo do acceso ó colexio da Uceira

O grupo municipal socialista do Carballiño reclama ó Concello o acondicionamiento do acceso ó colexio da Uceira. 'O aspecto que presenta o firme da entrada fala ás claras do escaso interese que ten o goberno de Argimiro Marnotes por preservar unha instalación da que fan uso máis de 500 alumnos', sinala este grupo da oposición.
El PSdeG, asegura que 'os baches, os charcos, os muros caídos, esa é a desoladora imaxe máis propia dun país de posguerra e coa que conviven a diario os pais que levan aos seus nenos ata o centro e aos conductores dos autobuses que realizan o transporte escolar'.

Ademáis, os concelleiros insisten en que 'cecais o máis grave é que todo o alumnado atravesa esa zona para baixarse e subirse ao seu correspondente transporte', ó que consideran que pode ser perigoso para os cativos.

En consecuencia, o grupo municipal socialista 'esixe ao goberno municipal que poña fin a esta insostible situación. Xa é hora de esixirlle a responsabilidade necesaria a este goberno inoperante que estamos a sufrir'.

A oposición insta ó goberno local a acondicionar este entorno co fin de prevenir calquera posible accidente, no que poden influir as malas condicións nas que se atopa o acceso ó centro escolar da Uceira, dada a afluencia diaria de vehículos e transeúntes.

Te puede interesar