O PSdeG-PSOE de Punxín afirma que esixirá ao grupo de goberno municipal "a reforma urxente do centro de saúde do concello", que segundo denuncian atópase "nunha situación de total abandono e desleixo". As socialistas lembran que fai máis dun ano se aprobou por unanimidade unha moción "na que se instaba a levar a cabo esta reforma, pero a pesar do compromiso acadado polo pleno municipal", os socialistas denuncian que "aínda nada se fixo". O partido indica que é unha proposta "indispensable" para o Concello sobre todo nestes momentos de pandemia.
Buscar
Notificaciones
Secciones
A Fondo
Servicios
O Carballiño
Política municipal
Os socialistas de Punxín piden melloras no centro de saúde
Redacción | Punxín
Más en O Carballiño