Cultura

Tarde de música e relatos na “Ínsua dos Poetas”

Acto de entrega de los premios de relatos en la Ínsua dos Poetas. (Foto: Yeray Diéguez)
photo_camera Acto de entrega de los premios de relatos en la Ínsua dos Poetas. (Foto: Yeray Diéguez)
Neste acto, no que confluiron varias actividades culturais e que contou con música en directo, tamén estiveron presentes Xiko Paradelo e Irene Veiga

O anfiteatro ao aire libre da Ínsua dos Poetas, no termo da Esgueva -O Carballiño-, acolleu a media tarde deste sábado o acto de entrega de premios da oitava edición do concurso de microrrelatos promovido por OZOCOgz Deseño Galego e no que "Ela, sonha nas ramas do baobab", de Cruz Martínez, recibiu o primeiro premio do certame. "De olhos fechados", de Catarina Cortizas Leira, foi o microrrelato finalista nesta última entrega. 

Neste acto, no que confluiron varias actividades culturais e que contou con música en directo, tamén estiveron presentes Xiko Paradelo e Irene Veiga, que presentaron unha banda deseñada sobre o escritor galego Ricardo Carbalho Calero -homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas-, e que recibe o título de Coraçom de terra. "Dende a Fundación Ínsua dos Poetas, que é un proxecto aberto e con 15 anos de existencia, apoiamos esta iniciativa. A nosa finalidade segue a ser dinamizar un lugar no que a literatura, as artes e a creatividade, en xeral, dialoguen coa natureza", asegurou José Luis González Tosar, presidente da mencionada fundación. "Coas actividades promovidas dende os distintos colectivos culturais e sociais do Carballiño e de toda a provincia de Ourense queremos que todas as semanas deste tempo haxa propostas similares. Temos un recinto ao aire libre, un anfiteatro que se presta moi ben para realizar este tipo de iniciativas tendo en conta a situación da pandemia actualmente", engade.

Te puede interesar