Tarde de sábado con foliada e carne richada na praza de Maside

O Concello de Maside celebrá hoxe a terceira edición da “ Foli Richada”, interrumpida estes dous últimos anos pola pandemia.

A partir das 13,00 horas xa haberá música nas rúas e desde as 18,00 horas, na Praza Maior de Maside, actuará un grupo de acordeóns e haberá baile tradicional e música de Gaitas Amálgama; tamén se conta coa Coral A Torre, Os Cotovías, Tokaide e a actuación estelar, sobre as 22,00 horas, da agrupación “Faíscas da Pontraga”. 

Previamente, os asistentes poderán degustar a carne richada de Maside, a partir das 21,00 horas. O prato ten un coste de 10 euros.

A organización, que ultimaba onte os preparativos na Praza Maior, contando cos voluntarios de Protección Civil, invita a participar nesta festa na que a música, o baile e a gastronomía van a ser os protagonistas nesta tarde de sábado en Maside.

Te puede interesar