Teatro e cine concienciarán ós veciños sobre a violencia sexista

A Concellería de Benestar do Carballiño programou para a vindeira semana tres actividades co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero.
A primeira consistirá na representación da obra teatral 'A que non podes dicir coca-cola?', o mércores día 23 no Auditorio municipal, con entrada libre ás 20.30 horas.

O salón de plenos da Casa do Concello acollerá ó mediodía do venres 25 a lectura dun manifesto en contra da violencia, a cargo de representantes das asociacións de mulleres, centros de ensino e de discapacitados. Nesa mesma xornada, pero ás 20.30 horas, proxectarase no Auditorio a película 'Planes para mañana'. A sesión continuará cun debate no que participará María Jesús Fariña, doctora en Filoloxía e profesora universitaria.

Te puede interesar